A produtora

Alfonso Zarauza

Produtora galega fundada no ano 2009 por profesionais de ampla experiencia no sector audiovisual, os irmáns Zarauza. Naceu co obxectivo de producir longametraxes de autor dende a ficción narrativa.

A primeira gran produción de Maruxiña Film Company foi Os Fenómenos (2014), estreada na sección oficial do Festival de Málaga. O filme acadou un gran éxito en taquilla, ademais de pasar por mais de 35 festivais internacionais nos cales recibiu unha ducia de premios. Entre eles destaca o premio xurado no Brussels Film Festival; os premios a mellor guión, música e fotografía no Festival de Fortaleza, mellor actriz en Tetuán e os Mestre Mateo a mellor dirección, mellor guión, mellor actriz de reparto e mellor película no 2015.

No ano 2020, Maruxiña Film Company estrea no Festival de Sevilla Ons. Unha coprodución entre Portugal (Bando à Parte) e Galicia, co apoio de AGADIC/Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e participación da Television de Galicia. O filme estreouse en toda España na ateigada billeteira de Nadal, manténdose durante seis semanas na billeteira española a pesar das complexas circunstancias pandémicas. Ons acadou nove Premios Mestre Mateo no ano 2021 entre os que destacan os galardóns a mellor longametraxe, mellor guión e mellor fotografía. Tras o seu éxito en taquillas, e pasar por festivais como o CinEspaña Festival du Film Espagnol de Toulouse o Festival Cinematográfico Internacional del Uruguay ou o Celtic Media Festival entre outros (onde gañou o premio á mellor película), Ons foi comprada polas plataformas VOD Netflix España, HBO España e Filmin e mais pola RTP.

O pasado ano 2021, Maruxiña Film Company rodou a sua primeira TV movie, titulada Malencolía, coproducida pola Televisión de Galicia, co apoio de AGADIC e da Deputación de Ourense. É o primeiro filme de xénero fantástico dirixido por Zarauza. Malencolía estreouse no Festival de Ourense conseguindo o premio Xacobeo 2021; palmarés outorgado entre os organizadores do Festival e a Xunta de Galicia. Estivo nominada a 12 Mestre Mateo neste ano 2022 acadando o premio á mellor actriz de reparto (Iolanda Muíños) e ao mellor actor de reparto (Diego Anido). O 25 de marzo de 2022 estreouse en en 25 salas comercais de todo o pais, da man da distribuidora Baños Films.

Ademais, entre 2020 e o ano 2021, Maruxiña Film Company produciu dúas pezas de corte máis autoral tituladas Flaneur en Compostela e Pontevedra Hora Cero.

Alfonso Zarauza (1973) traballou no Media Business School entre 1998 e o 2001 e foi director de desenvolvemento da produtora madrileña Iroko Films, coa que produciu oito longametraxes entre o 2003 e o 2008. Entre outras, a súa ópera prima La noche que dejó de llover, estreada no 2007 e protagonizada por Luis Tosar e Nora Tschirner. 

No ano 2010 funda en Santiago de Compostela co seu irmán Ruben Zarauza a produtora Maruxiña Film Company, na que desenvolve ata a actualidade o rol  tanto de guionista como de director. Os fenómenos (2014), Encallados (2013), A Viaxe dos Chévere (2015), Ons  (2020) e Malencolía (2021) son as súas longametraxes como director ata o momento. 

Tamén codirixiu dúas series para a TVG: O Nordés (2010) e Augasquentes (2016) e as mediometraxes Flaneur en Compostela e Pontevedra Hora Cero.

Premios Internacionais 

Mellor guión de longametraxe no Festival de Trieste (2006) por la “La isla de la muerte” (dirixida por Wolney Oliveira, Brasil/Cuba)

Premio no LALIFF (Los Ángeles Latino International Film Festival, 2007) polo guión de “La noche que dejo de llover” 

Mellor director dw longametraxe Internacional no Festival de Viña del Mar (Chile, 2008) por la “La noche que dejo de llover”

Premio do xurado no Brussels Film Festival (2014) por “Os Fenómenos”

Premio ao mellor guión no 25 Festival Iberoamericano de Fortaleza (Brasil, 2014) por “Os Fenómenos”

Premios Mestre Mateo

Mellor director (2008) por “La noche que dejo de llover”

Mellor guión (2008) por “La noche que dejo de llover”

Mellor longametraxe (2008) por “La noche que dejo de llover”

Mellor realizador (2008) por “La noche que dejo de llover”

Mellor realizador (2010) por “O Nordés”

Mellor TV movie (2014) por “Encallados”

Mellor director (2015) por “Los fenómenos”

Mellor guión (2015) por “Los fenómenos”

Mellor guión (2021) por “Ons”

Mellor longametraxe (2021) por “Ons” 

Colaboradoras

  • SARAH DOMÍNGUEZ

    ADMINISTRACIÓN E PRODUCIÓN

    Sarah Domínguez (1972), nacida en Francia, estudou Lingua e Literatura Hispánica pola universidade de Lumière Lyon 2.

    Empezou a se interesar polo cinema sendo moza e participando en curtametraxes "caseiras".

    Mora en Galicia dende o ano 1996 e é produtora executiva de curtametraxes como Sebastian ou directora de vestiario de Tomaron cunquiñas de caldo, ambos de Alfonso Zarauza así como do teaser deste último 1994 (proxecto en desenvolvemento). Traballou tamén como axudante de vestiario nas longametraxes El hombre de arena (José Manuel Gonzalez) e A noite que deixou de chover (Alfonso Zarauza).

    Realizou,ademáis, traballos de tradución ou revisión de subtítulos en versión francesa de longametraxes coma Ons (Alfonso Zarauza) e Honeymoon (Enrique Otero).

    Na actualidade, compaxina a docencia con traballos de administración e produción para Maruxiña Film Company.

  • SOFÍA ARANGÜENA

    COORDINACIÓN DE PRODUCIÓN

    É xestora cultural, project manager e actualmente desempeña as tarefas de coordinación de produción dentro de Maruxiña Film Company. Alí, ten sido secretaria de produción para Malencolia e directora de produción para o mediometraxe Pontevedra Hora Cero

    Graduouse en Dereito, publicidade e relación públicas, especialización en xestión de eventos e comunicación na Hanzehogeschool de Groningen (Holanda) e posgrao en xestión cultural pola Universidade de Santiago de Compostela.

    Ten traballado como coordinadora e project manager en dúas organización adicadas a xestión de programas para a xuventude, educación e mobilidade dentro do programa Eramus +, a Asociación Cultural Integra e Magenta Consultoria. Ademais, no ano 2021 foi asistente de dirección na European Festival Association de Bruselas. Unha das mais antigas e prestixiosas redes culturais dentro do programa Europa Creativa.

    É creadora e promotora do evento cultural Noites Teimudas, “relatos de fracaso para chegar ao éxito” o cal pretende dunha banda naturalizar o fracaso tan cotiá pero tan tabú ao mesmo tempo, e pola outra poñer en valor a creación cultural e artística feita na Galiza.

  • MARÍA YÁÑEZ

    COMUNICACIÓN

    María Yáñez Anllo (Lugo, 1978) leva máis de dúas décadas traballando como xornalista en medios dixitais, desenvolvendo contidos para internet e deseñando estratexias de comunicación no audiovisual para produtoras como Portocabo e para filmes como Vilamor (Ignacio Vilar, 2012), Encallados (Alfonso Zarauza, 2014), Os días afogados (Luís Avilés e César Souto, 2016), Eroski Paraíso (Jorge Coira e Xesús Ron, 2019), Ons (Alfonso Zarauza, 2020), Malencolía (Alfonso Zarauza, 2021), Matria (Álvaro Gago, 2023) ou Sica (Carla Subirana, 2023).

    Entre os seus traballos audiovisuais como guionista e directora están o documental Linguas Cruzadas (Televisión de Galicia, 2007) o programa O país dos ananos (TVG 2008-2009), o webdocumental Eufalo.TV (2009-2010), as curtas documentais Cancasete (2014), Vinte falando (2019) e Unha nova vida (2020), o videoensaio O outro lado da pantalla (2022) ou as series documentais en torno aos homenaxeados no Día das Letras Galegas Xela Arias, a palabra esgazada (2021) e Florencio Delgado Gurriarán, o soño da Galicia infinda (2022). Ademais guionizou e produciu case un cento de pezas de vídeo (reportaxes, entrevistas e outros formatos) para a rede publicados en VINTE, revista que dirixe desde 2018.