encallados

SINOPSE Un director de cinema chama a dous amigos guionistas para escribir un filme sobre a catástrofe do Prestige con poucos medios e un prazo inminente. Os tres acaban, como o propio petroleiro, encallados ante a imposibilidade de levar a cabo a súa historia.

Encallados é unha comedia rodada en Santiago de Compostela, en branco e negro en 16mm. Unha mirada ao noso cine e ao contexto no que vivimos chea de honestidade, autocrítica, melancolía e humor.

REPARTO Xúlio Abonjo, Federico Pérez, Ricardo de Barreiro, Farruco Castromán

2013. Producida por ZircoZine. Distribuída por Maruxiña Film Company.

Anterior
Anterior

Os fenómenos