1994
Unha longametraxe de alfonso zarauza
Simón é un introvertido mozo de vinte anos que estudia Dereito e ten unha apacible vida normal nunha familia burguesa media na Compostela dos primeiros meses de 1994. Ten unha existencia agradable como a de calquera mozo da súa idade no seu contexto vital. O seu único gran desexo pasa por atopar unha moza coa que poder compartir o seu rico mundo interior enchido de cinema clásico, literatos malditos e música de Manchester porque aos seus vinte anos nunca foi quen de ter parella.
Unha noite de xoves típicamente Compostelán dos anos noventa, nun emblemático pub coñece a Leonor, unha rapaza intelixente e sensible coa que inicia unha relación. Cando está a saborear o mellor momento emocional da súa vida atópase cunha situación inesperada que desestabiliza todo o seu apacible mundo. Unha noite ao chegar á casa a súa nai anúncialles, a Simón e aos seus irmaos, que o seu pai arruinou e que están a piques de perder todas as súas propiedades. Dun día para outro a súa vida dá unha viraxe e pasan de ter unha vida acomodada a pasar necesidades.




O SLATE_MARUXIÑA, enmarcado dentro do HUB AUDIOVISUAL DA INDUSTRIA CULTURAL: Axudas para o desenvolvemento de paquete de propostas audiovisuais, é unha operación financiadas ao 100% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe React-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.