Ons
SINOPSE Tras unha fonda depresión pola morte da súa amante nun accidente de coche, o doutor Vicente chega canda a súa esposa, Mariña, a unha remota illa atlántica coa intención de pasar o verán, curar a súa enfermidade e recuperar o seu matrimonio. A vida na solitaria illa faille ben a Vicente, que lle pide a Mariña prolongaren a súa estancia e botar o outono alí. Cada día vaise sentindo mellor ata que, tras un naufraxio no medio dun temporal, unha misteriosa e amnésica muller estranxeira aparece na illa e irrompe nas súas vidas. A partir dese momento xa nada volverá ser o que era.
REPARTO Melania Cruz, Antonio Durán ‘Morris’, Xúlio Abonjo, Marta Lado, Anaël Snoek, Diego Anido, Cris Iglesias, Montse Martínez e Miguel de Lira
Unha produción de Maruxiña Film Company (España) e Bando à Parte (Portugal) Coa participación de Televisión de Galicia (TVG) e Rádio e Televisão de Portugal (RTP) . Coa subvención de Agadic e a colaboración da Deputación de Pontevedra . DISTRIBUIDA POR BTEAM PICTURES






Así se fixo
Making of, realizado por Lucía Estévez