Pontevedra, hora Cero
SINOPSE Un director de cinema disponse a rodar un documental sobre o milagre urbanístico da cidade de Pontevedra, en plena rodaxe dáse de conta de que apenas coñece a cidade e que o tema en si non lle interesa demasiado. Entra nunha crise creativa. Decátase entón de que o que realmente lle interesa é facer unha ficción, aínda que non ten claro sobre que, chama ás súas actrices habituais e involúcraas no proxecto. Elas non tardan en darse conta de que aquilo non vai a ningunha parte e rebélanse contra o rumbo do director.
Froito daquela rebelión acaban filmando outra cousa que en definitiva é Pontevedra hora cero.
REPARTO Marta Lado, Melania Cruz, Ledicia Sola



